sábado, 19 de noviembre de 2016

BERLAI - "DESCONHECIDO" . UN LIBRO- CD CUNHA AVENTURA LITERARIA E MUSICAL DIFERENTE

O de Berlai é "indie rururbarno", "música post-bravú", que combina con frescura arranxos pop ensamblados en 
atmósferas densas e desgarradas cunha interpretación
relevante   e unha produción axustada aos textos  que conduce ao oínte a unha aventura auditiva de tipo distinto.




Estamos ante un proxecto diferente que chama a atención pola súa orixinalidade e que serve de presentación para o grupo "Berlai". 

Un proxecto que nace ao redor dunha idea de Xiao Berlai no que colaboraron moitas persoas para darlle vida e movemento, para ler, ver e oir. 

Neste proxecto, que consta dun libro con 98 páxinas e un Cd con 13 temas, e que leva por título "Desconhecido" (Axóuxere) explórase a vida dun home solitario  do rural que preferiu vivir a súa vida como un soño, despois dun amor truncado, e se dá á bebida malviviendo no rural. E faio cunha narrativa visual, poética e musical que van xuntas da man,  compartindo estética,  formando un fío narrativo onde a lectura proposta é o conxunto completo da obra, pero non o único. 

Converténdose así a obra nun collage na que as pequenas partes (unha canción, un debuxo, unha secuencia, un poema...) poden ser independentes do todo, e ao mesmo tempo, cando son lidas como partes do todo, cobran un sentido novo. 







A banda sonora deste relato con ilustraçoes de Ernesto G. Torterolo, baseado nos textos e a música de Xiao,  creador do grupo Berlai que a interpreta, é onde el forma parte como voz , guitarra e mandolina, en compañía de Iago  Mouriño--teclados e piano -  Pablo Pérez -- baixo eléctrico e Bruno Couceiro -- batería -- ademais de contar coas colaboracións de Sonia Lebedynski--pandeireta -- Débora Morais --viola - Roberto Santamanrina --violín -Emma Urango --violoncelo -- e  Bocixa Rei, Nuria de León e Ocar Mato nos coros e segundas voces , discorre por unhas cancións cuxas letras nacen como imaxes obsesivas do "universo galego" onde "as berzas son urbanas ou onde o trigo necesita cintas de balizamento policial". 

Textos que reflicten elementos da vida no rural con "chiscadelas" a estrofas tradicionais, e que están embutidos nunha música sen complexos, que ten as súas raíces na tradición galega, e bebe do indie-pop, do rock e a música electrónica.

O de Berlai é "indie rururbarno", "música post-bravú", que combina con frescura arranxos pop  ensamblados en atmósferas densas e desgarradas cunha interpretación eficaz e unha produción axustada ao temario  que conduce ao oínte a unha aventura auditiva de tipo distinto.
"Desconhecido" foi gravado e  nos estudios Cormorán. A Esclavitude (A Coruña)



"BERLAI"
DESCONHECIDO
Estamos ante un proyecto diferente que llama la atención por su originalidad y que sirve de presentación para el grupo "Berlai". Un proyecto que nace en torno a una idea de Xiao Berlai en el que colaboraron muchas personas para darle vida y movimiento, para leer, ver y oir. En este proyecto, que consta de un libro con 98 páginas y un Cd con 13 temas, y que lleva por título "Desconhecido" (Axóuxere) y en él se explora la vida de un hombre solitario  del rural que prefirió vivir su vida como un sueño, después de un amor truncado, y se dá a la bebida malviviendo en el rural. Y lo hace con una narrativa visual, poética y musical que van juntas de la mano,  compartiendo estética,  forman un hilo narrativo donde la lectura propuesta es el conjunto completo de la obra, pero no el único. Convirtiéndose así la obra en un collage en la que las pequeñas partes (una canción, un dibujo, una secuencia, un poema...) pueden ser independientes del todo, y al mismo tiempo, cuando son leídas como partes del todo, cobran un sentido nuevo. La banda sonora de este relato, basado en los textos y la música de Xiao,  creador del grupo Berlai que la interpreta, donde él forma parte como voz y guitarra, en compañía de  Iago Mouriño, Pablo Pérez y Bruno Couceiro, además de contar con las colaboraciones de Sonia Lebedynski, Débora Morales o Bocixa Rei, discurre por unas canciones cuyas letras nacen como imágenes obsesivas del "universo gallego" donde "las berzas son urbanas o donde el trigo necesita cintas de balizamiento policial". Textos que reflejan elementos de la vidad en el rural con "chiscadelas" a estrofas tradicionales, y que están embutidos en una música sin complejos, que tiene sus raíces en la tradición gallega, y bebe del indie-pop, del rock y la música electrónica. Lo de Berlai es "indie rururbarno", "música post-bravú", que combina con frescura arreglos pop  ensamblados en atmósferas densas y desgarradas con una interpretación eficaz y una producción ajustada al temario  que conduce al oyente a una aventura auditiva de tipo distinto.