sábado, 9 de noviembre de 2013

"TIRULEQUE" DIXO "MU..." E MANDOU BAILAR...


DAMAS E CABALEIROS, AGORA ENTRAMOS NOS...¡FESTA!



¡Pista ¡… chego Tiruleque, dixo “Mu ¡¡”, e mandou bailar…¡festa!...¡tracatá! O grupo folk coruñés consolida o estilo acadado non seu primeiro álbum co que pretende reivindicar a música galega con «chiscadas doutras culturas».no seu novo disco onde un pode botar once pezas doutras latitudes ritmicas como pode ser o “dixie”, “swing” ou son cubano. que se mesturan con xotas, alalás, muiñeiras, pasodobres, valses e polcas, que afianza a liña  de folk festeiro iniciada alá en 2009 . 

Durante este período houbo cambios dos seus integrantes pero non do “concepto”, que como diría Manquiña, é o que importa. Neste sentido, a máxima de Tiruleque é acadar ou seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección. 

Antón Bueno, contrabaixo;Alex Fente, acordeón;Luís García, bombo con pratos, percusión e coros; Miguel Horjales, caixa, percusión e coros;Serxo Nuñéz; clarinete, gata, pandeireta e voz; Fernando Román, saxo soprano, clarinete e trompeta e José A. Vazquez, gaita, saxo alto, pandeireta e coros, son os “animadores” desta “festa discográfica” á que se suman como invitados especiais Pablo Pintor e Daniel Carballo. 




Gravado en Bohham Studio (A Coruña), o disco “impacta nos ollos” con estupendas ilustracións de Ramón Astray cun deseño e maquetación de Tragaluz Estudo Fotográfico. 

Damas e cabaleiros, con vostedes os.. ¡Tiruleque!,.. busquen parella e a ¡ bailar!.