martes, 19 de noviembre de 2013

“A TERRA QUEIMA”: LIBRO-DISCO.MÚSICA DE LALO CARNO Y TEXTOS DE XURXO SOUTO


“A TERRA QUEIMA”- LIBRO-DISCO



“A terra queima”  é un libro-disco en formato de álbum infantil interdisciplinar --- texto , música, fotografias, ilustracións e espectáculo  -- que parte dun  proxecto do músico Lalo Carnota, compositor da música,   texto de Xurxo Souto e fotografías e ilustracións de Xulio Rei e Sesé Barreiro. Nel Antón, o protagonista relata, con "apetito de saber", reflectido nunha  mirada incrédula cos  ollos abertos pola  curiosidade  infantil,  as sensacións percibidas durante a súa aventura polos marabillosos escenarios naturais de Galicia e os seus costumes,  mostrando un comportamento inquisitivo natural  na súa observación, ante o mundo que o rodea , buscando  información  e a interacción co seu ambiente natural e cos obxectos, os adultos que o rodean -- o  sabio percebeiro Milucho Mariñas --  os animais -- o corvo Roque Pequeno --… 





Este é a mensaxe desta  “aventura” narrada en sete secuencias temáticas  de amena  e ilustrativa lectura  --“Antón”,”O Enigma”, “O Segredo”, “As Viaxes”,”Revelación”, “Solución” e “Epilogo” --  que conta coas súas respectivas bandas sonoras narrativase  cancións que son  a cohesión argumental - vínculo temático- que ganduxa todos e cada un dos episodios. Na imaxeñeria  musical de Lalo Carnota, Miguel Cabana, Sergio Delgado, Xan Cerqueiro e Eduardo Coma,  puxeron o seu talento musical  para estimular a expresividade dos textos