jueves, 12 de septiembre de 2013

XOAN CURIEL PREMIADO POR “MAGNÉTICO ZEN”


"MAGNÉTICO ZEN" DE XOAN CURIEL ,MELLOR ÁLBUM EN GALEGO NOS "V  PREMIOS DA MÚSICA INDEPENDIENTE"





.Chama bastante a atención que un disco que gañou  premio ao mellor álbum en galego nos "V Premios dá Música Independente" non chame  máis a atención no panorama musical galego, tal vez porque este adoece dun escaparate promocional de maior amplitude nos medios de comunicación. Pero,   "é o que hai". "Magnetíco Zen " ten un considerable poder de atracción nas súas formas musicais e no seu desenvolvemento literario. Se aínda non che "abdujó" e seducíu co seu imán creativo, ao mellor é porque estabas afastado. Achégache a el e  disfruta.

Xoán Curiel Ares é un compositor, guitarrista, cantante e actor da FonsagradaF residente en Santiago. Comenzou tocando bossa nova  para desenvolver despois material propio de diversos estilos. Tivo un proxecto a dúo coa cantante Carmen Dolores. O seu primeiro disco é “Nai” (2008), con composicións propias adicadas á figura da muller. O seu segundo disco "Magnético Zen" – “Nube”, “Policromía”, “Reggae”, “Campos Magnéticos”, “Danza sen sentido”, “Argumento Lento”, “Ela”, “Tempos de Crise”, “Mudanzas” e “Quen Poidera Nmorala” -- foi distinguido, dous anos despois da súa publicación, co premio ao mellor álbum en galego nos “V Premios da Música Independente”.: “As canciós publicadas neste disco son composicións miñas que xa levaban un tempo escritas e tiven a oportunidade de grabalas xunto aós músicos Alvaro Trillo, Xavier Olite, Carlos Freire e Sergio Tannus."Magnético Zen"—un traballo editado e distribuido de xeito autónomo --, e un disco de Pop en galego con influencias de world music, cheo de imaxes que nos fala, de xeito cinematográfico, do noso mundo actual de saturación informativa. Cun  discurso propio e crítico, a través dunha leitura artística da actualidade con temáticas como o abuso de poder, a agresión ecolóxica, a manipulación da información, a crise económica mundial... e a posibilidade do ser humano de coller de novo o seu poder persoal e transformar a súa realidade dende unha perspectiva fresca e optimista..