domingo, 8 de septiembre de 2013

HUGO TORREIRO & YHADIRA GARCIA TRIUNFAN EN LAS LISTAS ARGENTINAS CANTANDO EN GALLEGO

O “NOVO UNIVERSO” DE HUGO TORREIRO & YHADIRA GARCIA





Cando no atarefado panorama musical un tropézase con traballos que sorprenden, como que se esponxa o ánimo. Este é o caso do disco “Novo Universo”, do dúo formado por dous mozos galegos Hugo Torreiro (A Coruña, 1990) e Yhadira García (Compostela, 1993) que desde hai dous anos están metidos no tio vivo da música e que a través do seu disco autoeditado -- non teñen detrás unha discográfica que vos apoie, tampouco teñen un gran respaldo mediático que vos impulse-- están a descubrir ese novo mundo soñado, o do éxito, buscado nas plataformas televisivas como  “La Voz” ou “Luar” e nos directos.

. Un éxito conseguido desde a difícil sinxeleza dunhas cancións que se fan entrañables nun contesto vogal dúctil, compracente, no que viaxan letras que falan sobre todo de amor, nestes tempos “difíciles”, e tamén de amizade. De amor van as historias que contan nas letras dos seus temas, que eles compoñen. e  de amor é a súa propia historia. Antes de coñecerse, cada un tiña xa o seu historial por separada e que ao xuntarse acomodaron para seguir un camiño esperanzador que inician coa canción “Luar a Luar”, cantada en galego, que arrasa  nas listas de éxitos de Arxentina . Concretamente en rádio fórmula “Elixidos 45” onde permaneceron durante cinco semanas no número uno, grazas aos votos dos oíntes, que supomos en moitos casos de ascendencia galega. Así empezou o éxito de Julio Iglesias cun “Canto a Galicia” en Alemaña. Gústame Hugo e Yhadira, pola súa naturalidade  e pola súa determinación grazas á que, ademais das súas calidades artísticas, van asentando unha carreira, chanzo a chanzo, loitando e traballando por un soño que xa se albisca realidade: o éxito .Tamén cantan co seu encanto natural en castelán e en inglés, pero grazas ao galego lograron ser número uno, de momento en Arxentina. Unha clara demostración de que cantando en galego pódese triunfar polo mundo adiante con sinxeleza e autoestima. Unha situación que me lembra a Andrés Do Barro que foi un claro exemplo de compromiso co idioma galego alcanzando numerosos éxitos. A nosa benvida a Hugo e Yhadira que estámos seguros serán “profetas na súa terra” e terán o recoñecemento a nivel español que se merecen. O meu xa o teñen. Benvidos ao “Novo Universo”